O vindeiro sábado 23 de agosto chega ó Concello, Máis libros, máis libres, unha actiivdade de promoción e animación á lectura que consistirá na visita dun autobús cargado de libros e agasallos para todos a dous puntos do noso termo municipal.
Estará de 10.30h a 13.30h no campo da Feira en Ponteceso e de 16:00h A 19:00h na Praia de Balarés.
Aproveitade para coñecelo!!
O irmandamento con Avintes fortalécese coa visita de corenta nenos do noso Concello a estas terras portuguesas. Levaron a cabo diversas actividades socio culturais visitando o zoo, o minigolf, o centro comercial da localidade, fixeron paseos nocturnos, visitaron a praia e durmiron no coñecido parque biolóxico.
Continuarán as actividades de irmandamento nas vindeiras datas coa visita a Avintes do Ponteceso S.D.
O departamento de deportes, coma todos os anos, organiza o trofeo de fútbol Concello de Ponteceso, que enfrontará ós dous equipos principais do termo municipal: Corme C.F e Ponteceso S.D. Celebrarse o vindeiro sábado 23 de agosto no campo de fútbol municipal de O Pinguel. Enfrontaranse as categorías infantís e de maiores de ambos equipos, ás catro e seis da tarde, respectivamente.
O Concello de Ponteceso porá en marcha, nos meses de Xullo e Agosto, un servicio de transporte á praia de Balarés.
Este servicio terá como itinerario piloto: zona da galescola e casa da cultura en Ponteceso, praza do Relleno, O Couto e Balarés. Realizaranse dúas expedicións de ida e volta todos os días. Unha ás 12.00h con regreso ás 14:30h e outra con saída ás 15:00h e regreso as 19:30h.
Os billetes, que terán un custo de 0,50€ ida e volta, poderán retirarse nas dependencias do Concello de 09:00h a 15:00h.
Publicamos a relación de actividades culturais e deportivas que organiza o Concello para este verán. Descarga o tríptico e actividades xerais para ter máis información.
Os puntos de inscrición son: en Ponteceso, o Concello e a Oficina de Información Xuvenil, e en Corme, a Oficina Municipal.
Dende o 12 ó 14 de agosto levaranse a cabo as xornadas de formación entre os traballadores afectados pola implantación dos tres procedementos piloto que se informatizarán no Concello: certificados urbanísticos, licencias de obra menor e tarxetas de estacionamento especiais. Será a primeira pedra do longo camiño que nos espera ata permitir que o cidadán poida interacturar coa administración.
O alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico e o delegado da Consellería de Innovación e Industria na provincia de A Coruña, Xosé Luis Barcia Picos explicaron esta mañá os detalles do acordo polo que xa se está a estender a nova infraestrutura de fibra óptica no concello. Este proxecto permitílles aos habitantes de Ponteceso, recibir os servizos do operador galego dende o pasado mes de xuño.
Ponteceso entra así a formar parte do grupo de cidades e municipios galegos que gozan de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego está a despregar en toda a comunidade autónoma.
O Concello de Ponteceso abre a súa Oficina de Información Turística dende o 8 de Xullo ó 15 de Setembro de 2008.
A Oficina, que estará instalada na Avenida de Bergantiños en Ponteceso, permanecerá aberta en horario de 10.00h a 14.00h de Luns a Venres e Sábados de 10.00h a 12.00h.
O teléfono da Oficina de Información Turística é 981 715 442.
Email: turismoponteceso@ponteceso.net
Xa poden escoitar unha entrevista realizada ó Alcalde do Concello de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, feita por Radio Andalucía.
Na entrevista Fondo fai un repaso polas posibilidades turísticas do Concello e tamén das nosas potencialidades.
O ficheiro está en formato "mp3", tamén se pode escoitar dende "O concello en directo", para o que necesesitarás ter instalado o software Winamp.
Todos aqueles/as que desexen participar nun proceso de adxudicación de vivenda protexida da comunidade autónoma galega, deberán inscribirse no rexistro de demandantes de vivenda protexida que xa está aberto na Casa do Concello.
Nos documentos de descarga, que lles ofrecemos a continuación, teñen vostedes o formulario de solicitude e o bando no que lles indica a documentación necesaria que deben acompañar coa solicitude.
A través da sección "Atención ao cidadán", calqueira veciño pode facer unha solicitude, reclamación ou queixa ó Concello. Pero, ademáis, poderá, en todo momento, saber en que estado se atopa a súa petición, reclamación ou queixa, co que o sistema contribuirá á comunicación entre o veciño e Concello.
Ademáis, en todo momento, poderá imprimir unha copia do evento xerado polo sistema para efectos oportunos.
Acceso a atención ao cidadán
A través do menú "boletíns" da nosa web, podes recibir toda a información relevante sobre o que acontece no Concello e actividades do teu interese. Deberás cubrir un pequeno formulario e recibirás toda a información relativa ó Concello.
Os medios de comunicación de Bergantiños xa non teñen que facelo, posto que o gabinete de prensa xa os dou de alta automaticamente.
Darse de alta