O Concello tén habilitado, neste espazo web, un apartado onde publicamos distintas ofertas de emprego en Bergantiños e Costa da Morte. Pode accederse dende a sección "emprego" na marxe esquerda da web.
Se algunha empresa ou institución, quere enviarnos ofertas de emprego, pode facelo ó correo electrónico correo@ponteceso.net.
Resultados despois da última xornada da Liga da Municipal de Tenis.
Cada semana iremos publicando, por unha parte, os resultados, e por outra, a clasificación.
Continúa a programación cultural de inverno do Concello de Ponteceso, e faino cun clásico, o ciclo de teatro. Este ano (xa van quince) teremos sete sesións os días 8, 15, 22 e 29 de novembro e 6 e 13 de nadal. Participarán as compañías Talía Teatro, Grupo Mérito (Portugal), Lagarta Lagarta, Teatro do Noroeste e Fredi.
As sesións serán sempre os sábados no salón de actos da Asociación Cultural Río Anllóns en Ponteceso.
Este sábado, 15 de novembro, xogouse a segunda xornadada Liga Municipal de Fútbol Sala Senior do Concello de Ponteceso.
Xa podedes consultar os datos relativos á liga.
O Concello de Ponteceso recibíu a semana pasada a documentación relativa ó deslinde de Costas no noso termo municipal, para que efectúe as reclamacións correspondentes.
Lembramos ós veciños e veciñas que o vindeiro 10 de nadal haberá o acto de apeo con técnicos de Costas, na Casa do Mar de Corme ás 10:30h.
Publicamos o listado de participantes coas puntuacións asignadas, según os acertos acadados no terceiro cuestionario. Este listado recolle tamén a puntuación acumulada nas tres primeiras semanas. Calqueira aclaración ou reclamación podedes facela no Departamento de Turismo do Concello ou chamando ó 981 714 000 de luns a venres de 08:30h a 14:30h.
Jorge Pérez Montáns, Aurora Figueroa García, Coral Camafreita Rey e Olalla Veres de Dios son os primeir@s da escola municipal de judo de Ponteceso en acadar o cinto negro 1º dann. Conseguírono despois de varios anos de práctica e logo de superar un exame que realizaron na Coruña a finais do mes de outubro.
O Pleno do Concello de Ponteceso, na sesión do 06.09.2006, aprobou inicialmente a Ordenanza xeral de limpeza e medio natural e demais bens de dominio público. Así mesmo, acordou expoñer o expediente a información pública e darlle audiencia
ás persoas interesadas por un prazo de 30 días.
O novo PXOM do Concello está en marcha. De feito, o pasado luns publicabamos, no perfil de contratante, o anuncio de licitación para a contratación do servizo de redacción do novo PXOM. Queda un longo e duro camiño que se podería alongar durante varios anos. Pero o esforzo seguro que pagará a pena para mellorar, entre todos, a nosa ordenación urbanística.
Logo do súa rehabilitación e moito traballo, a Fundación "Eduardo Pondal", que preside o Alcalde do Concello de Ponteceso, José Luís Fondo, será unha realidade en breve. O próximo 13 de decembro se inagurarán as súas instalacións ás cinco da tarde no Couto.
Un paso máis para o recoñecemento que debe ter unha das figuras máis importantes da historia de Galicia.
O Concello de Ponteceso publica no perfil de contratante, a licitación da obra de instalación de herba artificial no campo de fútbol cormelán. O prazo de execución da obra será de seis meses e tén un importe de 374.778,60 euros e será financiada polo propio Concello de Ponteceso e a Deputación Provincial de A Coruña.
O Concello de Ponteceso está a levar a cabo melloras no seu local social en Pazos para dotalo de nova instalación eléctrica, accesibilidade para a xente maior e discapacitados, novos aseos e mobiliario, así como dotar ó local dun escenario para a realización de actos culturais varios. Este local está sendo utilizado pola Coral San Salvador de Pazos, fanse actividades deportivas, cursos e actividades culturais municipais. O Concello de Ponteceso destina a esta obra 30.000 euros, integramente a cargo da entidade municipal.
O Concello de Ponteceso terá aula itinerante de novas tecnoloxías. A Deputación Provincial vén de apoiar con 6.400€, o proxecto municipal de aula itinerante para levar ás parroquias formación e actividades relacionadas coa sociedade da información. Este proxecto está encadrado dentro do Plan de Alfabetización Dixital do Concello de Ponteceso (2007-2011).
Valoramos moi positivamente este apoio que favorecerá a cohesión entre parroquias e marca unha tendencia de actuación para achegar o Concello ás catorce parroquias.
Para crear este banco, destinado á dotar de recursos informáticos ás familias máis desfavorecidas do Concello de Ponteceso, o municipio reutilizará material e contará coa axuda de empresas como Siemens.
En coordinación co departamento de servicios sociais do Concello, vamos seleccionar as familias que poidan ser receptoras deste material e, estudiando caso por caso, destinarase a cada unha un equipo informático, con prestacións básicas e suficientes, para ser usado no eido doméstico.

Unha vez presentada a candidatura do GDR-27 para a xestión do Programa Leader na Axencia de Desenvolvemento Rural, segundo o establecido na convocatoria do 16 de xuño de 2008, publicamos a documentación presentada.
O Concello de Ponteceso vén de poñer en marcha un novo servicio na súa páxina web, o Perfil de Contratante (PC). Este servicio, que nos adapta á Lei de Contratos do Sector Público de maneira plena, acollerá os datos de toda contratación pública feita polo Concello de Ponteceso. Será de utilidade para empresas e cidadáns.
Todos aqueles/as que desexen participar nun proceso de adxudicación de vivenda protexida da comunidade autónoma galega, deberán inscribirse no rexistro de demandantes de vivenda protexida que xa está aberto na Casa do Concello.
Nos documentos de descarga, que lles ofrecemos a continuación, teñen vostedes o formulario de solicitude e o bando no que lles indica a documentación necesaria que deben acompañar coa solicitude.
A través da sección "Atención ao cidadán", calqueira veciño pode facer unha solicitude, reclamación ou queixa ó Concello. Pero, ademáis, poderá, en todo momento, saber en que estado se atopa a súa petición, reclamación ou queixa, co que o sistema contribuirá á comunicación entre o veciño e Concello.
Ademáis, en todo momento, poderá imprimir unha copia do evento xerado polo sistema para efectos oportunos.
Acceso a atención ao cidadán
A través do menú "boletíns" da nosa web, podes recibir toda a información relevante sobre o que acontece no Concello e actividades do teu interese. Deberás cubrir un pequeno formulario e recibirás toda a información relativa ó Concello.
Os medios de comunicación de Bergantiños xa non teñen que facelo, posto que o gabinete de prensa xa os dou de alta automaticamente.
Darse de alta