O Concello de Ponteceso porá en marcha, nos meses de Xullo e Agosto, un servicio de transporte á praia de Valarés. Este servicio terá como itinerario: Oficina de Turismo e casa da cultura en Ponteceso, praza do Relleno, O Couto e Valarés. Realizarase un roteiro diario con saída ás 15:00h da e regreso as 19:30h. O servicio será gratuíto.
Xa podedes consultar todas as actividades culturais e deportivas programadas para este verán, por parte do Concello de Ponteceso: Teatro na rúa, obradoiros de risa, vela, piragüismo, indiomas, informática, sendeirismo, marchas nocturnas, deporte na praia, etc.
Aberta inscrición dende o mércores 24 de xuño de 2009.
O Concello de Ponteceso vén de anunciar a contratación de abastecemento e saneamento da parroquia de Pazos para seguir completando o mapa de saneamento e abastecemento do Concello. O orzamento desta obra é de 142.153,81€ e será finanziada polo Concello de Ponteceso e Deputación Provincial.
O prazo de matrícula para os nenos e nenas que fixeron a solicitude na escola infantil (antes Galescola) do noso concello, é do 26 de Xuño ó 10 de Xullo. Os titores poden pasar antes polo centro para recoller a documentación que precisan. O vindeiro 30 de Xuño haberá unha reunión de pais ás 17:30 no mesmo centro. As educadoras poranse en contacto con todos para confirmar a asistencia.
A través do menú "boletíns" da nosa web, podes recibir toda a información relevante sobre o que acontece no Concello e actividades de interese no teu teléfono móbil e no teu email. Deberás cubrir un pequeno formulario e recibirás toda a información relativa ó Concello.
Construcción de aparcamentos ao carón do cemiterio da parroquia de Cospindo. Trátase dunha obra necesaria para dotar de zonas de aparcamento a esta parroquia, tendo en conta que a carón do cemiterio atópase a Fundación “Eduardo Pondal”. O orzamento desta obra é de 87.813,26€. Esta obra será financiada polo Concello de Ponteceso e Deputación Provincial.
O Concello de Ponteceso continúa amosándose a todos os que queren coñecernos. O pasado mércores chegaba ao termo municipal unha delegación da Fundación Curros Enríquez formada por 35 persoas que visitaron diversos puntos de interese como a Casa da Pondal, a Fundación "Eduardo Pondal", Monte Branco, a Pedra da Serpe, O Roncudo, etc. Foron guiados en todo momento polo persoal do departamento de turismo do Concello.
Rematou o curso nas escolas deportivas municipais e celebrouse o acto de clausura o sábado 30 de maio no pavillón municipal en Corme. Os rapaces disfrutaron dunha gran tarde deportiva e lúdica.
A presenza, de novo, desta bandeira azul na praia de Balarés, recoñece e estimula o esforzo do Concello por conseguir que dita praia cumpra determinados criterios de legalidad, accesibilidad, sanidade, limpeza e seguridade, e conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.
Dende o Concello felicitamos a todos os cidadáns e usuarios desta praia.
O Concello de Ponteceso vén de editar unha nova guía turística do noso termo municipal. Pequena e práctica permitirá ao seu posuidor ter unha panorámica clara do que pode visitar nas catorce parroquias con todas as indicacións necesarias para poder chegar a calqueira punto de interese. Ademáis inclúe unha guía telefónica útil para o turista.
O Concello de Ponteceso levará a cabo nos vindeiros días unha campaña de promoción deste servizo gratuíto que se ofrece a todos os veciños e veciñas. Dende o servizo de normalización lingüística, aténdense consultas, revísanse textos, faise asesoramento para a elaboración de escritos, facilítase información sobre software en galego e recursos lingüísticos existentes. O Concello de Ponteceso aposta polo galego.
A través da sección "Atención ao cidadán", calqueira veciño pode facer unha solicitude, reclamación ou queixa ó Concello. Pero, ademáis, poderá, en todo momento, saber en que estado se atopa a súa petición, reclamación ou queixa, co que o sistema contribuirá á comunicación entre o veciño e Concello.
Ademáis, en todo momento, poderá imprimir unha copia do evento xerado polo sistema para efectos oportunos.
Acceso a atención ao cidadán
O Concello tén habilitado, neste espazo web, un apartado onde publicamos distintas ofertas de emprego en Bergantiños e Costa da Morte. Pode accederse dende a sección "emprego" na marxe esquerda da web.
Se algunha empresa ou institución, quere enviarnos ofertas de emprego, pode facelo ó correo electrónico correo@ponteceso.net.