Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Concerto de "Operación Triunfo"

6 de setembro

Cartel do ConcertoOperación Triunfo chega a Ponteceso. Concerto onde actuarán entre outros Virginia, Chipper, Manu, Sandra, Pablo, Mimi, Anabel, etc.

Toda a información sobre o evento podedes atopala na web www.otponteceso.com

Cine nas parroquias

21 e 28 de agosto

Logo cineO Concello organiza varias proxeccións de cine nas seguintes parroquias:

21 de agosto en Corme.
28 de agosto en Ponteceso.

Todas as sesións son as 22.30h nos lugares sinalados na carteleira semanal.

Descargas asociadas

Concerto de música clásica

23 de agosto

Cuarteto MoriatovConcerto de música clásica en Corme-Porto.
Será ás 23.00h na Praza do Pan. Correrá a cargo do cuarteto Moriatov.
Entrada de balde.

Contacto

Curso de informática didáctica para nenos

12, 14, 19 e 21 de agosto

Nenos nunha aulaCelebrarase nas aulas de informática municipais de Corme e Ponteceso. Participan vinte nenas e nenos do concello. Este curso ten como principal obxectivo, ensinarlle ós máis novos as ferramentas máis efectivas para a búsqueda de recursos na web.

Contacto

Xogos de verán

31 de xullo, 18 e 20 de Agosto

Xogos de veránSesión matinal de xogos de verán en Ponteceso e Corme. Será na praza do "Relleno" e Paseo Fluvial en Ponteceso e praza da Ribeira e praia da Arnela en Corme. Destinado a nenos de entre 6 e 12 anos. De 11.00h a 13.00h.

Contacto

Viaxe a Portugal

12, 13 e 14 de Agosto

Logo da actividadeDentro do conxunto de actividades de irmandamento coa Freguesía de Avintes, o Concello de Ponteceso organiza unha viaxe a este concello en Portugal.

A saída será o martes 12 ás 08:30h horas e o regreso o xoves 14, sobre as 15:00 horas. Dirixido preferentemente nenos nados entre 1993 e 1997.

Contacto


Descargas asociadas

Día da bicicleta en Corme

10 de agosto

Carte do día da biciComo todos os anos, o Concello de Ponteceso organiza o día da bicicleta en Corme. Sairemos ás 11.00h do peirao.
O regreso será sobre ás 13.00h ó punto de partida. Sortearemos unha bicicleta entre os participantes e haberá agasallos para todos.

Roteiro de sendeirismo

9 de agosto

SendeirismoO Concello organiza un roteiro de sendeirismo dende Ponteceso á praia de Niñóns. O itinerario será: Ponteceso, Monte Branco, Praia de Balarés, Pedra da Serpe, Froxán, Brantuas ?Monte do Faro, Praia de Niñóns e volta en autobús.
Sairemos da praza do "Relleno" ás 10.00h.

Descargas asociadas

Teatro en Corme

8 de agosto

MarionetasO Concello de Ponteceso organiza unha velada de teatro de marionetas na parroquia de Corme-Porto.

Será ás 21.00h na Praza do Pan, e correrá a cargo do grupo Trécola Teatro.

Contacto

Saídas ó parque acuático de Cerceda

5 e 7 de agosto

Parque acuático de cercedaO Concello de Ponteceso organiza dúas saídas ó parque acuático de Cerceda.
O 5 de Agosto será para nenos/as de 5 a 12 anos (incluídos). O 7 será para maiores de 12 anos.

Sairemos da igrexa de Corme ás 10.30h, con paradas en O Couto, Ponteceso, Tella, Bugalleira e Pazos.

Descargas asociadas


1  2  3  4  5  6 ... 8
Concello de Ponteceso