Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Marcha nocturna a pé

6 de agosto

O Concello de Ponteceso organiza unha marcha nocturna a pé na parroquia de Corme-Porto. Sairemos ás 22.00h da praza da Ribeira para percorrer: Praza da Ribeira, Candelago (pola Regadiña), Parque eólico, Roncudo (Aldea), Bustelo (abaixo), Pavillón polideportivo, As Forcadas (colexios)
Praia do Osmo, Praia da Arnela, Praza da Ribeira.

Descargas asociadas

Ruta cicloturística

6 de agosto

BicicletaO Concello organiza un roteiro ciclouturístico polas parroquias do Concello. Sairemos ás 10.00h da praza do "Relleno" para percorrer en bicicleta: Praza do Relleno, Paseo Fluvial, A Pesqueira, Anllóns, Tella, Tallo, Viladesuso, Langueirón, Xornes, Pazos, Bugalleira, Tallo, Tella, Ponteceso.

Descargas asociadas

Motofesta en Ponteceso

1, 2 e 3 de agosto

Imaxe do motoclube Costa da MorteMotoristas de toda a península, achéganse ata a esta xuntanza en Ponteceso, que organiza o Motoclube Costa da Morte. O Campo da Feira da Trabe ponse ata os topes de motoristas.

As filigranas do serán, ante a expectación de todos os achegados, da paso a unha noite longa. Moreas de xentes ateigan cada ano Ponteceso, ata altas horas da mañá.

Festival de habaneras

2 de agosto

Coral Brisas do Mar de CormeFestival de habaneras con distintas corais de Galicia organizado pola Coral Brisas do Mar en colaboración co Concello de Ponteceso.

Será na Praza do Pan en Corme-Porto ás 21.00h

Contacto

Festas en Tella

26 e 27 de xullo

Igrexa parroquial de TellaCelebración das Festas do Sacramento na parroquia de Tella.
26 de xullo:
Alboradas con gaiteiros, misa solmemne e actuación das orquestas Novo estilo e Cachito.
27 de xullo:
Alboradas con gaiteiros, misa solemne e actuación da orquesta Trebol.

Risoterapia

22 e 23 de xullo

Muller ríndoseSesións de risoterapia en distintas parroquias do Concello.

22 de xullo: No pavillón municipal en Corme. Ás 20.00h.

23 de xullo: No salón de plenos do concello. Ás 20.00h.

Xogos e dinámicas grupais que aseguran o divertimento e desestrés.

Contacto

Obradoiro de animación

2,7, 9, 14, 16 e 21 de xullo

GloboflexiaAprenderemos a divertirnos con talleres de globoflexia, clown, xogos de lecer, etc.

Para maiores de 16 anos.

De 20.00h a 22.00h no Salón de Plenos do Concello de Ponteceso.

Contacto

XV Feira exposición paseo do cabalo en Ponteceso

20 de xullo

Nas inmediacións do campo de fútbol de "O Pinguel" a partires das 10.00h.

Invitarase a xantar ós xinetes nunha carpa habilitada. Haberá "ponies" para pasear ós nenos. Concurso de barriles e sorteo dunha poldra.

Contacto

Torneo de volei praia

18 de xullo

Imaxe torneo de volei praiaTorneo de volei praia no Osmo en Corme. Todos os interesados en participar poderán facelo ata antes do torneo.

Inscricións na Oficina Municipal en Corme ou no Concello. O comezo do torneo será ás 18.30h.

Contacto

Títeres en Ponteceso

18 de xullo

Logo títeresO Concello, en colaboración coa Consellaría de Cultura, organiza unha actuación de títeres no Campo da Feira en Ponteceso.

A actuación correrá a cargo de Babaluba e será ás 21.00h.

Contacto


1  2  3  4  5  6 ... 8
Concello de Ponteceso