Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Antroido 2010

14 de febreiro

Dende as catro ás nove da noite na Praza do Relleno en Ponteceso, poderás disfrutar de: obradoiros de maquillaxe, actuacións e desfiles no palco, degustación de orellas e roscos, xogos populares, etc. E por se o tempo falla, haberá unha gran carpa. Inscríbete na O.M.I.X ou no Concello ata o 11 de febreiro. Haberá axudas e regalos para os que participedes.

Charla para pensionistas

8 de febreiro

O Concello de Ponteceso informa que o vindeiro luns 8 de febreiro, ás 11 e media da mañá, haberá, no salón de plenos, unha charla sobre a revalorización das pensións da Seguridade Social: xubilación, invalidez, etc.

Comezo de cursos de informática

1 de febreiro

Na semana do 1 de febreiro darán comezo os seguintes cursos da escola municipal de informática:
Curso de internet
Curso de software libre
Curso de ofimática.

Cabalgata de reis 2010

5 de xaneiro

Sairá ao redor das 19:00h da escola de Tella cara a Praza do Relleno, onde as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, recollerán as vosas cartas. Acto será organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso.

Obradoiro de English Christsmas

28 e 29 de decembro

Obradoiro de inglésObradoiro de inglés para nenos de entre 6 e 10 anos que se levará a cabo na Aula Municipal de Informática de Ponteceso o 28 e 29 de decembro e na Aula Municipal de Informática de Corme o 4 e 5 de xaneiro. Os prazos de inscrición xa están abertos e rematarán para Ponteceso o 24 de nadal e para Corme o 30 de nadal.

Contacto


 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso