Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Verán cultural, turístico e deportivo

Todo o verán

Dispós de toda a información sobre o Programa cultural, deportivo no seguinte enlace:
VER INFORMACIÓN

Discorrer ao pé da auga

14 de xullo

Rutas guiadas de sendeirismo para persoas maiores de 60 anos pola beira do río ou do mar. Duración aproximada de 2-3 horas pola mañá. Poderán participar acompañantes de menor idade.

Envellecemento activo

Do 11 de maio ao 12 de xullo

O Concello de Ponteceso volve a organizar unha serie de actividades encadradas dentro do programa, Envellecemento Activo, sendeiros cara a vida. Desenvolverase os mércores e venres no Centro Cultural en Ponteceso.

Clausura das escolas deportivas

3 de xuño

No pavillón municipal en Corme dende ás 17.30h.

Ruta de sendeirismo

7 de maio

Organizamos unha ruta de sendeirismo ao veciño Concello de Malpica de Bergantiños. Inscrición aberta nos puntos habituais.

Contacto

Semana da lectura na biblioteca

Do 25 ao 29 de abril

Varios centros educativos do Concello visitarán a nova biblioteca para celebrar esta semana da lectura organizada pola Concellaría de Cultura.

Contacto

Luditempo

Do 18 ao 20 de abril

LuditempoPrograma destinado a fomentar a conciliación da vida laboral e familiar a través de actividades dirixidas a nenos e nenas do Concello de Ponteceso, de 3 a 10 anos durante as vacacións de Semana Santa.

Descargas asociadas

Comezo do curso Celga 4

6 de abril

Data de comezo do curso de galego Celga 4 no Concello de Ponteceso

Obradoiro teatral

30 de marzo

A Editorial Tambre, a través do Servizo de Planificación Lingüística, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, seleccionou ao Concello de Ponteceso para realizar un obradoiro teatral, o día 30 de marzo, ás 10.00 horas, no CEIP Eduardo Pondal. As persoas destinatarias son 90 nenas e nenos de 1º a 4º de primaria.
Organizan o obradoiro o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso e a Concellería de Cultura.

Exposición "Elas sempre están"

Ata o 15 de marzo

O Concello de Ponteceso acolle na Fundación "Eduardo Pondal", esta exposición, que poderá verse ata o vindeiro 15 de marzo na Fundación, polas tardes, pretende dar a coñecer o protagonismo da muller nas rutas de peregrinación a Compostela.

 1  2  3  4
Concello de Ponteceso