Día da muller traballadora
8 de marzoComo vimos facendo nos últimos anos, este día pola mañá estaremos (coa axuda do voluntariado) na Praza do Relleno para expoñer as fotografías dalgunhas das mulleres traballadoras do noso concello, para recoller as pegadas e frases sobre o tema, tamén repartiremos algún material informativo e pequenos agasallos e degustaremos chocolate quente. De 11.00h a 13.00h.
Doa sangue
24 de febreiroDende as
16:00h ás 21.00h, a unidade de transfusión de Galicia, estará instalada en Ponteceso, na Praza do Relleno, para que, se o desexas, poidas doar sangue, que tan necesaria é nos hospitais. É unha boa maneira de sentirte mellor.
Comezo do curso de auxiliar de axuda a domicilio
21 de febreiroData de comezo deste curso ao que podes anotarte no Departamento de Educación Familiar, dende o 7 ao 16 de febreiro.
Pleno da corporación
31 de xaneiroPleno ordinario da corporación ó que están convocados todos os concelleiros da corporación e veciños que o desexen.
Salón de plenos do Concello de Ponteceso ás 09:00h.
Faite voluntario
Ata o 20 de xaneiroColabora coa túa comunidade. Faite voluntario social ou de Protección Civil. Prazo de inscrición ata o 20 de xaneiro, na Oficina de Información Xuvenil (981 714 622) ou no Concello (981 714 000 ext. 18)