Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Xornada adicada a Ponte na Fala

11 de outubro

O Concello dará a coñecer o proxecto no outono pondaliano o vindeiro martes 16 de outubro. O xoves 11 de outubro adicaremos unha xornada ao proxecto, no Centro Cultural, cun obradoiro de arrolos para o alumnado da escola infantil durante a mañá. Á tarde, o escritor Antonio Reigosa, presentará algunhas das distintas intervencións literarias presentes no proxecto.

Descargas asociadas

Comezo de inscrición

3 de outubro

A inscrición para as actividades de ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica e aeróbic, comezará a facerse o 3 de outubro no Concello e Oficina Municipal en Corme.

Filme sobre o Alzheimer

28 de setembro

O fillo da noiva. Na Biblioteca Municipal ás 16.30h. Para dar a coñecer a enfermidade e as súas consecuencias sociais. Entrada de balde.

Partido Depor-Sevilla

24 de setembro

Se tés entre 6 e 18 anos, e queres asistir ao partido, podes inscribirte gratuítamente no Concello e Oficina Municipal en Corme. Sairemos ás 19.30h de Corme, fronte a igrexa, e Ponteceso, da Praza do Relleno.

Formación para coidadores

17 e 18 de setembro

A Unidade de Coordinación de Dependencia organizará, en colaboración co Concello de Ponteceso, unhas xornadas formativas no Centro Cultural, dirixidas a coidadores non profesionais do sistema de dependencia. Cabe a posibilidade de asistir, a pesares de non ser coidador, sempre que non se cubran as 25 prazas ofertadas. Máis información no Departamento de Servizos Sociais, 981 714 000 ext.3

Exposición: Galicia, conservando a natureza

Do 27 ao 31 agosto

A Biblioteca Municipal acolle esta exposición que poderá visitarse de 09.00h a 14.00h nos días sinalados. Ademáis, o luns 27 de agosto, organizamos un obradoiro explicativo para un grupo de nenos de entre 4 a 6 anos, dende as 10.30h ás 11.30h.

Teatro na rúa

28 de agosto

Peter Punk co seu Neno imperdible. Na Praza da Riveira en Corme ás 20.00h.

Proxección de Vilamor

22 de agosto

Corme acolle a proxección do filme galego Vilamor. Será na Praza da Riveira ás 22.00h.

Ruta cicloturística

12 de agosto

En Corme. Saída do muelle ás 11.00h.

Velada musical

10 de agosto

Dentro das actividades culturais de verán, chega a Corme unha noite de boleros, temas de musicais e jazz. A partires das 22.00h da man de Ensamble IULIUS XIII.

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso