Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Teatro na rúa

3 de agosto

Dentro das actividades culturais deste verán, chega a Ponteceso Desastronauts, un día de praia. Unha obra de teatro na rúa dirixida a todos os públicos, que poderedes ver na Praza do Relleno ás 20.00h.

Exposición Comarca natural de Bergantiños

Mes de xullo

O Centro Cultural en Ponteceso acolle dende o vindeiro martes 3 de xullo a exposición Comarca Natural de Bergantiños. Poderá verse de 09.00h a 14.00h de luns a vernes, durante o mes de xullo.

I Certame de pintura Álvarez de Sotomayor

14 de xullo

A Fundación Eduardo Pondal (FEP), sempre atenta a toda actividade cultural que potencie a comarca de Bergantiños, celebrará o sábado 14 de xullo do presente ano 2012, o I Certame de Pintura ao aire libre Fernando Álvarez de Sotomayor. Terá por localizacións diversos paraxes significativas na obra pondaliana (Monte Branco, o Cabo Roncudo, o Anllóns, etc) no seu concello natal: Ponteceso.

Presentación do libro sobre a historia de Corme

13 de xullo

Continúamos recollendo a nosa historia local e despois da publicación de Ponteceso, el nacimiento de un pueblo, o vindeiro venres presentarase no Museo de Arte Contemporánea: Corme, historia de su mar, su gente y sus barcos. Un amplo traballo do cormelán José Ramón Varela e Eliseo Puñal. Traballo financiado pola Deputación Provincial de A Coruña.

Conferencia sobre o Titanic

8 de xullo

O vindeiro 8 de xullo ás oito da tarde, día despois da festa do percebe, Corme acollerá unha conferencia con moitas sorpresas sobre o Títanic, cando se cumpren cen anos do seu afundimento. Será impartida por un dos homes que máis sabe sobre o buque, Jesús Ferreiro, Presidente da Fundación Titanic en España. Ferreiro, nacido en Corme, é un dos responsables da espectacular exposición sobre o Titanic, e foi o presentador do programa Onda Pesquera, que se emitía na Cadena Ser, sobre o mundo do mar. A conferencia impartirase no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte.

Mostra conecta

6 de xullo

Mostra conectaO Centro Cultural de Ponteceso acolle unha xornada adicada á xuventude con múltiples actividades.

Descargas asociadas

Obradoiro de mediación xuvenil

30 de xuño

A OMIX do Concello de Ponteceso, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza un Obradoiro de Mediación Xuvenil para a participación, dirixido especialmente aos mozos e mozas menores de 30 anos e, en xeral, a calquera persoa interesada. Terá lugar o sábado 30 de xuño, de 11:30 a 13:00 horas, no Centro Cultural de Ponteceso. Se desexas asistir, chama ao 981 714 000 (ext.18).

Contacto

Clausura da escola de pais e nais

26 de xuño

O día 26 de xuño, ás 18:30h terá lugar na Fundación Eduardo Pondal do Couto o obradoiro de clausura da Escola de Pais e Nais para o curso 2011-2012. Neste taller abordaremos a temática da "Intelixencia Emocional". Para facilitar a asistencia contaremos con un servizo de contacontos para os nenos e nenas. Os pais e nais interesados en asistir a este obradoiro deben apuntarse chamando ao concello ao número: 981 714000 ext.51. Neste teléfono atenderaos a educadora familiar.

Ponte a pé

16 e 17 de xuño

A Concellaría de Turismo organiza unha nova actividade do programa de rutas de sendeirismo Ponte a pé. Visita a Cabo Home e Illas Ciés. A actividade está dirixida ao público en xeral, e poderedes anotarvos ata o 25 de maio nos seguintes puntos:
Concello de Ponteceso-981 714 000
Centro Cultural de Ponteceso-981 715 442
Oficina Municipal de Corme-981 738 428

Xuntanza de maiores no Carballiño

9 de xuño

Todas as persoas da terceira idade interesados/as en asistir a unha nova edición da Xuntanza de maiores no Carballiño, poden anotarse na Oficina Municipal en Corme (981 738 428) ou Departamento de Servizos Sociais (981 714 000 ext3). Prezo: 3 euros.

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso