Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Concerto musical de Nadal

29 de Nadal

Concerto musical “Cantigas da Estrela: o 29 de decembro no Museo de Arte Contemporánea de Corme ás 18:00 h e dirixido a público infantil e familiar.

Teatro no Nadal

27 de Nadal

Ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Edificio das Escolas, os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro interpretarán dúas pequenas obras para o noso goce.

Cine de Nadal

26 de Nadal

No pavillón municipal en Corme. Dirixido a todolos públicos.

Certame de Corais no Nadal

20 de Nadal

Certame de Corais polifónicas no Nadal. Terá lugar no salón de actos do Edificio das Escolas en Ponteceso ás 20.30h. Entrada libre e gratuíta.

Cartas para os Reis

18 e 19 de Nadal

Visita do Carteiro Real aos colexios: o día 18 no CRA e o día 19 no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que posteriormente lles serán contestadas.

Contos pola igualdade

19 de Nadal

A cargo da compañía teatral Ghazafelhos. Ás 19.00h no Edificio das Escolas en Ponteceso.

Xunta das Escolas de Maiores

17 de Nadal

Xuntanza de Confraternidade das Escolas de Maiores de Ponteceso, Coristanco, Fisterra e Val do Dubra: o 17 de decembro ás 11:30 horas, no Salón de Actos do Edificio das Escolas.

XXI Ciclo de Teatro

8, 15, 22 e 29 de novembro

Actuacións teatrais no salón de actos da AC Monte Branco no Couto.

Descargas asociadas

Animación á lectura na Biblioteca

Martes, xoves e venres de novembro

Actividades de animación na Biblioteca Municipal no Centro Cultural. Todos martes, xoves e venres de novembro de 16.30h a 18.00h. Contacontos, manualidades, globoflexia, xogos, etc.

XXIV Feira das Fabas

25 outubro

Nova edición da Feira das Fabas que terá lugar no Campo da Feira en Ponteceso.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso