Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A empresa eólica EDP Renováveis concede 12 bolsas de estudos a escolares de Ponteceso por un importe total de 12.500 euros

As axudas, enmarcadas no programa Green Education, entregaranse hoxe ás 17.00 horas no Museo de Corme

A Concellería de Servizos Sociais organiza unha excursión a León os días 17 e 18 deste mes

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no departamento que dirixe Isabel Vuelta desde hoxe luns ata o venres 9

O Concello de Ponteceso contrata obras financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación por máis de 475.000 euros

Os proxectos, que poderán empezar a materializarse nas vindeiras semanas, permitirannos seguir mellorando as infraestruturas viarias en diferentes parroquias

O cómico Pedro Brandariz visitará o xoves 8 a Biblioteca Municipal co contacontos infantil ?A castaña medoñenta?

O novo espectáculo, promovido polo departamento que dirixe Carlos Penedo, dará comezo ás 18.30 horas e será de balde

A Concellaría de Educación felicita ao CRA Nosa Señora do Faro polo premio "Líderes en calidade"

O acto de entrega terá lugar o día 8 en Expourense, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Calidade

Servizos Sociais porá en marcha o luns 5 un obradoiro sobre novas tecnoloxías para despedir o programa Actívate 2018

Simultaneamente, o departamento de Isabel Vuelta proxectará, por primera vez en Ponteceso, o documental ?Noetiña?

O goberno de Ponteceso investirá por primeira vez en obras medio millón de euros de superávit malia a oposición do PP

Os proxectos que levaremos a cabo forman parte do plan integral de investimentos que estamos a impulsar para modernizar o noso concello e mellorar os servizos á cidadanía

O dúo Azabache abrirá os Domingos de baile do mes de novembro organizados pola Concellería de Servizos Sociais

Manu e Alberto Madaira e o grupo Sintonía completarán as citas semanais que se celebrarán no Edificio das Escolas e no Fogar do Pensionista de Corme, de 18 a 21 horas

Ponteceso inaugura este sábado 3 as Xornadas TIC Forestais cunha sesión formativa dirixida a profesionais do sector e público en xeral

As asociacións Asefoga e Ódega son as impulsoras do taller, que se desenvolverá la aula de informática da Casa da Cultura coa colaboración do Concello


1 ... 4  5  6  7  8 ... 27

Concello de Ponteceso