CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
O Concello de Ponteceso deu a coñecer a data de celebración da XXXIV edición da Festa do Percebe do Roncudo, unha das citas gastronómicas e festivas máis emblemáticas da zona, que terá lugar o vindeiro 18 de xullo. Trátase dun evento plenamente consolidado no calendario estival galego, que cada ano atrae ao municipio milleiros de visitantes procedentes de diferentes puntos de Galicia, converténdose nun importante motor de promoción turística e económica para a comarca.
A corporación municipal de Ponteceso aprobou na sesión plenaria celebrada este mércores, 4 de febreiro, o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña correspondente ao presente exercicio, así como o POS Complementario, sumando un investimento total de 848.186,55 euros.
O Concello de Ponteceso iniciou esta semana as obras de mellora na rúa Voluntariado, en Corme Porto, unha actuación que permitirá renovar tanto a rede de saneamento de pluviais como o firme da vía, dando resposta ás necesidades detectadas nesta zona.
O Concello puxo o broche de ouro á súa Campaña de Comercio O Nadal chega a Ponteceso entre versos, luz e maxia coa entrega do gran premio desta edición: un lingote de ouro valorado en, aproximadamente, 1.500 euros. O alcalde, José Manuel Mato, felicitou á gañadora do galardón e destacou que se trata “dun premio á fidelidade e ao compromiso desta veciña de Ponteceso co tecido económico local”. Ante a excelente acollida da iniciativa tanto entre a veciñanza como entre os establecementos participantes, o rexedor anunciou que haberá novas convocatorias ao longo deste ano.
A nova Casa do Maior da Campara está a piques de ser unha realidade. Tanto é así, que o sábado, 24 de xaneiro, ás 11.30 horas terá lugar a xornada de portas abertas, un evento ao que asistirán o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez. O rexedor subliña que será un día "importante para Ponteceso no que se dará un novo paso cara as políticas de benestar e envellecemento activo no concello".
O goberno local continúa avanzando na ampliación das zonas de estacionamento no núcleo urbano de Ponteceso. Neste contexto, o Concello iniciou as actuacións para habilitar unha nova área de aparcadoiro na avenida Anllóns, unha intervención orientada a mellorar a mobilidade e dar resposta á demanda existente nesta zona.
O Concello de Ponteceso pechará o luns, 5 de xaneiro, a súa campaña de comercio coa celebración do gran sorteo final.