Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto ata o 16 de abril o prazo para participar no IX Concurso de Viñetas da Deputación da Coruña

Dende a Deputación Provincial da Coruña, no marco das actividades de comemoración do 8 de marzo, convócase o IX Concurso de viñetas, para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxeto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.

PARTICIPANTES
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Non poderán participar as persoas que foses premiadas con anterioridade neste concurso.

TEMÁTICA

Os traballos presentados versarán sobre:
-Historias das mulleres en Galicia.
-Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados.
-Empoderamento feminino na historia de Galicia.

FORMATO
A viñeta poderá presentarse en formato como mínimo DIN A4 e como máximo DIN A5.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío conductor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo pederá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en formato físico de papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.

PREMIOS
CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos): outogarase primeiro, segundo e terceiro premio.
-Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics.
-Segundo e terceiro premio: consistirán nunha TABLET e unha colección de cómics.
CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos). Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio.
-Primeiro premio: consistirá nun IPAD AIR e unha colección de cómics.
-Segundo e terceiro premio: consistirán nunha TABLET e unha colección de cómics.

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación no BOP 7 de marzo de 2018 (8 de marzo de 2018) e péchase aos 40 días naturais (16 de abril de 2018).

Para obter máis información poderase ir a web https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concurso-vinetas/2018/

Concello de Ponteceso