Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso convida á afección a gozar este mércores 14 do fútbol base no II Torneo AD Vidú

A Concellería de Deporte colabora coa Agrupación Deportiva Vidú na organización da competición, que se disputará a partir das 16.30 horas no Pinguel

Calendario de partidosO concelleiro de Deportes de Ponteceso, Marco Varela, convida aos afeccionados e afeccionadas ao fútbol a sumarse este mércores 14 á gran festa do deporte de base que celebraremos no Pinguel. A nosa vila acolle o II Torneo AD Vidú, organizado pola agrupación que lle dá nome coa colaboración da Federación Galega de Fútbol e o Concello de Ponteceso.

O principal obxectivo da competición é fomentar o deporte de base, un obxectivo que o Concello de Ponteceso comparte coa AD Vidú. Deste xeito, o II Torneo AD Vidú reunirá a preto de cen deportistas do Deportivo da Coruña, o Bergantiños CF, a Selección Coruñesa Sub-15 e a Selección da Costa Sub-15. Por esta última, segundo informa o Diario Deportivo, os adestradores Martín Vecino e Josiño Abelenda convocaron a un total de 18 xogadores: Álvaro Sanchiño, do Outes FC; Lucas Rey e Hugo Paredes, do Ponteceso SD; Cristian Fernández, Raúl Varela e Lucas García, da SD Sofán; Lucas Toba, Daniel González e Álex Castro, do CF Dumbría; Roberto Rodríguez, do Cabana SD; Raúl Reigía, da SCD Malpica; Manuel García, da SD Esteirana; Brais Espasandín, Pablo Pardiñas e Marcos Villar, do CDC Zas; Martín Lodeiro, do Muxía CF; Iván Escarís, da SD Fisterra, e Mario Suárez, do Camariñas FC.

Sen dúbida, a cita deste mércores 14 será unha excelente oportunidade para ver en acción ás promesas do noso fútbol.

Concello de Ponteceso