Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Récord de inscrición na Andaina Miradoiro do Monte Branco, con máis de 400 persoas

Os/as participantes sairán mañá sábado ás 10 horas desde o Centro Cultural

A Andaina Miradoiro do Monte Branco, a ruta do programa Coñece a Costa da Morte que discorre polo noso concello, bate un récord de inscrición, con máis de 400 persoas. Ríos, fervenzas, montes encantados, vistas espectaculares... e algunha sorpresa agardan aos participantes nun percorrido por algunhas das paraxes naturais máis importantes do noso territorio.

A Andaina Miradoiro do Monte Branco arrancará ás 10.00 horas do sábado desde o Centro Cultural de Ponteceso para realizar un percorrido duns 13 quilómetros que nos levará polo malecón do Couto, os miradoiros Monte Branco (182 metros de altitude) e Monte dos Loureiros (244 metros) para rematar na praia de Balarés arredor das 14.00 horas. O río Anllóns, a ría de Corme e Laxe e unhas vistas espectaculares garanten o interese da camiñata.

O amplo grupo terá coma guía ao técnico de Turismo Javier Couto.

Concello de Ponteceso