Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Dous vídeos presentados polo proxecto Ponte na Fala ao Premio Youtubeir@s, seleccionados para a Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego

?Elisardo fai un carro de xoguete? e ?Teresa fai unha boneca de pau? proxectaranse o día 23 no museo

Ponte na Fala comezou sendo un proxecto de recollida de literatura oral, pero esta iniciativa, coordinada polo técnico Tono Formoso para a Área de Normalización Lingüística, empezou a medrar en contidos grazas ao empuxe que vén de darlle a concellaría de Carlos Penedo Casmartiño nos últimos meses.

Hoxe, no blog de Ponte na Fala podemos atopar testemuños de veciñas e veciños que nos explican os nomes das plantas ou como era o antigo salón de baile da Campara. E foi precisamente nesta localidade na que aprendemos tamén a facer xoguetes tradicionais. Con Elisardo fixemos un carro de xoguete, e con Teresa, unha boneca de pau, gravámolos en vídeo e presentámolos ao Premio Youtubeir@s.

Agora, o Museo do Pobo Galego vén de seleccionar eses dous traballos para proxectalos na 13ª edición da Mostra de Cinema Etnográfico (MICE). Deste xeito, Elisardo fai un carro de xoguete e Teresa fai unha boneca de pau son dous dos 16 vídeos que poderán verse o mércores 23, a partir das 20.00 horas, no Museo do Pobo Galego.

O concelleiro Carlos Penedo expresou a súa satisfacción pola selección destes dous traballos de recuperación e posta en valor da nosa cultura e destacou o traballo que nese sentido está a desenvolverse desde a Área de Normalización Lingüística e desde o proxecto Ponte na Fala.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso