O Instituto Galego de Estatística (IGE) está a levar a cabo unha Enquisa estrutural a fogares para coñecer as condicións de vida das familias galegas en relación con aspectos coma o nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar, etc.
O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, vén de dictar un bando no que se informa sobre a obrigatoriedade de facilitar os datos solicitados.
As vivendas seleccionadas aleatoriamente recibirán a visita dun entrevistador, debidamente acreditado, entre o 18 de xuño e o 8 de xullo.
Descargas asociadas