Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Normalización Lingüística achegará o venres 15 ?As aventuras de Quebranoces? aos peques da man de Apego

O espectáculo da compañía Musicreques mestura teatro e música en directo

Se abril foi o mes das emocións e maio o da disciplina, en xuño a protagonista vai ser a música. Dende a Área de Normalización Lingüística de Ponteceso estamos dispostos/as a facer realidade a célebre frase de Stravinski ?non basta con oír a música, ademais hai que vela". Por iso, o vindeiro venres 15 veremos e escoitaremos música grazas ao programa de actividades con Apego, que coordina o nacionalista Carlos Penedo Casmartiño.

Ás 19:00 horas, o salón de actos do Edificio das Escolas acollerá o espectáculo teatral As aventuras de Quebranoces, dirixido aos nenos e nenas do noso municipio e as súas familias. Trátase dun conto musical no que se mestura o teatro de monicreques coa música de piano en directo de Tchaikovsky.

Durante a representación, a compañía Musicreques achegará aos máis cativos/as a maxia e a beleza do clásico de Hoffmann para levalos/as a lugares afastados e fantásticos onde coñecerán a un simpático ruso, a un chinés algo presumido e a unha serpe que quere ser unha rá. Deste xeito, preténdese dar a coñecer a música clásica aos peque da casa dun xeito ameno e divertido.

Ao remate, haberá unha gran sorpresa para todos os/as asistentes aproveitando os recursos que nos ofrece a nosa Escola Municipal de Danza. Vai ser marabilloso. Non o podedes perder! A entrada será libre e de balde.

Concello de Ponteceso