Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Corme e o Concello de Ponteceso poñen en marcha o Torneo de fútbol base Vila do Roncudo

Uns 450 nenos e nenas competirán esta fin de semana no campo do Cairo

O Corme e o Concello de Ponteceso, a través da Concellería de Deportes, colaboran na organización dun torneo de fútbol base que ten como obxectivos fomentar o deporte de base e ofrecer aos participantes dúas xornadas de convivencia e deportividade. Na iniciativa colabora a A. D. Vidú.

Un total de 30 equipos de 15 clubs diferentes (EF Luis Calvo Sanz, Bergantiños CF, Silva SD, Maravillas SD, Buño SCD, Cabana SD, Victoria CF, As Baleas FS, CD Concello de Zas, SD Laxe, SCD Malpica, SD Coristanco, Razo, Bertamiráns FC e Corme CF), e preto duns 450 nenos e nenas, divididos en catro categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete) encherán a vila cormelana de puro fútbol e farán as delicias de todos aqueles que se acheguen ao campo do Cairo a gozar deste I Torneo de fútbol base Vila do Roncudo.

O sábado 30 de xuño será a quenda dos benxamíns e alevíns nunha xornada que comezará ás 9.30 da mañá e que rematará a iso das 21.20h.
O domingo 1 de xullo serán os infantís e os cadetes os que saltarán ao campo do Cairo, e a actividade futbolística dará comezo ás 10 da mañá e rematará ás 20.40h.

O Mundial no Cairo
Durante os dous días deste evento, todos os espectadores e participantes poderán ver os partidos do Mundial de Rusia 2018 no propio campo de fútbol cormelán, xa que a organización habilitará unha pantalla xigante para gozar de todos os encontros da Copa do Mundo.

E, por suposto, durante a xornada do domingo o torneo sufrirá un parón de dúas horas, dende as catro da tarde ata as seis, para que todos e cada un dos presentes no Cairo poidan ver o partido que disputará a Selección Española contra Rusia, no encontro correspondente aos oitavos de final do Mundial 2018.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso