Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso investirá 40.900 euros na mellora de camiños nos lugares da Ourada, Riotorto e A Garga

As obras foron adxudicadas á empresa Construcciones López Cao

O Concello de Ponteceso está a realizar un importante esforzo na mellora da rede viaria. A maiores da campaña de bacheo que se está a realizar en todo o territorio municipal, en breve empezarán as obras de reparación e asfaltado de camiños nos lugares da Ourada e Riotorto, na parroquia de Cores, e A Garga, na parroquia de Anllóns.

As obras veñen de ser adxudicadas á empresa Construcciones López Cao por un importe de 40.900 euros, financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do plan de mellora de camiños municipais 2017-18.

Concello de Ponteceso