Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Máis de 400 persoas visitaron o camión máxico do Mago Antón

Os espectáculos de ilusionismo pecharon outra fin de semana de moitísima animación grazas á Ruta de Pinchos de Corme e o espectáculo de zarzuela

Corme prepárase xa para celebrar catro días de actos na honra de San Roque

O noso concello volveu a converterse esta fin de semana no punto de encontro de centos de persoas grazas ás iniciativas impulsadas desde as concellarías de Turismo e Cultura.

A presenza do magomóbil do Mago Antón na xornada do domingo puxo o broche a dous días de moitísima animación. Máis de 400 persoas pasaron polo camión máxico, perfectamente equipado con aire acondicionado e iluminación, para desfrutar de algo máis de media hora de maxia e diversión nas seis funcións que ofreceu o famoso mago no noso concello, tres pola mañá na Praza da Ribeira de Corme e outras tres pola tarde na Praza do Recheo de Ponteceso.

Os espectáculos de maxia pecharon unha fin de semana de moito movemento grazas, ademais, á celebración da Ruta de Pinchos Do Mar ao Bar, organizada pola Concellaría de Turismo, na que participaron 13 locais de hostalaría de Corme cunha oferta de tapas baseadas nos produtos do mar. A proposta gastronómica do sábado completouse pola noite cun espectáculo de zarzuela que encheu a Praza do Pan.

FESTAS DE SAN ROQUE
E a fin de semana que vén, máis aínda, porque Corme celebra as festas de San Roque durante catro intensos días. Vai tomando nota!
SÁBADO 25 - ENTROIDO DE VERÁN
CONCURSO DE DISFRACES
20:00 Desfile Infantil (ata 15 anos).
- Individual: (Premio sorpresa)
- Grupal (Cea nun establecemento da vila.)
01:30 Desfile Adulto (dende os 16 anos).
- Individual:
? 1° premio= 100?
? 2° premio= 50?
- Grupal:
? 1° premio= 250?
? 2° premio= 100?
- 20:30 Ronda cos KILOMBEROS DE MONTE ALTO.
- 23:30 Verbena con DÚO D'FESTA e DISCOMÓVIL SUPERFABRIK

DOMINGO 26 (Santísimo Sacramento)
10:30 Pasarrúas coa Banda de Música de Catoira.
14:30 Sesión vermú con ORQUESTA FOLIADA.
18:00 Partido Solteiras Vs. Casadas. (No Cairo)
23:00 Verbena coa ORQUESTA FOLIADA

LUNS 27 (San Roque)
10:30 Pasarrúas a cargo de Millo Miúdo da A.C. Adro (Baio)
14:30 Sesión vermú con ORQUESTA COMPOSTELA
18:00 MasterClass de Zumba. (Na Praia da Arnela)
23:00 Gran verbena con ORQUESTA COMPOSTELA e GRUPO NUEVA FUERZA

MARTES 28 (San Antonio)
10:30 Pasarrúas a cargo de Millo Miúdo da A.C. Adro (Baio)
14:30 Sesión vermú con ORQUESTA PALLADIUM
17:30 Festa da Espuma. (Ribeira pequena)
23:00 Gran verbena con ORQUESTA PALLADIUM E GRUPO BOMBA

Concello de Ponteceso