Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O goberno de Ponteceso investirá por primeira vez en obras medio millón de euros de superávit malia a oposición do PP

Os proxectos que levaremos a cabo forman parte do plan integral de investimentos que estamos a impulsar para modernizar o noso concello e mellorar os servizos á cidadanía

Na escola infantil municipal renovarase a cubertaO Concello de Ponteceso investirá en obras, por primeira vez, case medio millón de euros procedentes do superávit. Os proxectos foron aprobados no pleno extraordinario celebrado onte martes malia os votos en contra do Partido Popular, unha postura que non se entende dende o goberno municipal. ?Ao PP dóelle moito que pasáramos de ser o concello máis arruinado da provincia, con 5,5 millóns de débeda e pagando facturas a 400 días cando gobernaban eles, a ser un concello saneado con 1,7 millóns de superávit que paga en 23,19 días. Pero votar en contra das obras non é moi intelixente, agora que llo expliquen aos veciños?, manifestou o alcalde, Lois García Carballido, ao respecto.

Grazas á boa xestión económica do goberno tripartito, nos vindeiros meses poderemos investir 482.793 euros máis para seguir modernizando as infraestruturas do noso concello e mellorando a calidade de vida da cidadanía. Esa cantidade procedente do superávit do ano pasado destinarase ás seguintes actuacións:

? Torres de alumeado no campo de fútbol municipal do Cairo, Corme: 48.400 ?
? Instalación de aparatos biosaludables e mellora de parque infantil en Pazos: 17.067,00 ?
? Teito da escola infantil municipal para nenos e nenas de 0-3 anos en PVC: 18.000,00 ?
? Pista dende o límite con Buño ao depósito de auga (Xornes): 7.179 ?
? Acceso a núcleo rural de Figueiroa (Cores) 8.499 ?
? Pavimentación das rúas do núcleo de Figueiroa (Cores): 27.881 ?
? Pista no Castro de Cores (Cores): 29.936 ?
? Pista dende Froxán de Xornes ao deposito de auga (Xornes): 40.720 ?
? Pista dende Riotorto a Ameixenda (Cores - Pazos): 55.762 ?
? Pista dende Balarés a Corme Aldea (Cospindo-Corme Aldea): 73.349 ?
? Pista dende Bugalleira a Rebordáns polas Salgueiras (Tallo-Pazos): 83.919 ?
? Pista dende Rebordáns a Tallo (Pazos ? Tallo): 87.764 ?
? Adecuación da praza da Bugalleira: 68.000 ?

Estas actuacións forman parte do ambicioso plan integral de investimentos elaborado polo goberno municipal, que inclúe actuacións en todas as parroquias e en todas as áreas de xestión municipal, cun peso especial da Concellaría de Infraestruturas, que dirixe José Manuel Pose Verdes. O deporte, o medio ambiente, os servizos para as familias, a posta en valor do patrimonio natural e cultural e a modernización das infraestruturas son os eixos fundamentais dun proxecto pensado para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Este programa de investimentos, froito da planificación, das achegas veciñais e do compromiso do goberno municipal co desenvolvemento sostible do noso concello, suporá un investimento superior aos dous millóns de euros, que se sumarán ás obras por importe de un millón que temos xa en proceso de licitación.

Concello de Ponteceso