Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Deputación organiza un curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático para desempregados menores de 30 anos

O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 14 de novembro

Tal como estaba previsto no marco do Proxecto EIXO Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local, desde a Deputación da Coruña estase a programar a posta en marcha de accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3.
AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio).

A formación teórico-práctica, de 660 horas de duración, realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña (Pol. Ind. A Grela).

A data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección, unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalidade xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O curso vai dirixido a mozos/as menores de 30 anos e desempregados/as da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación, inscritas na Oficina de Emprego e rexistradas no ficheiro nacional de Garantía Xuvenile que ademais cumpran os seguintes requisitos:
? Ter cumpridos os 16 anos de idade
? Estar empadroado/a nalgún dos concellos da provincia da Coruña
? Acceso a requisitos de inscrición en Garantía xuvenil
? Cumprir os requisitos de formación adscritos: estar en posesión do título de bacharelato; ou certificado de profesionalidade nivel 3; ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional: Actividades físicas e deportivas, área de prevención e recuperación; ou ben cumprir co requisito académico de acceso a ciclos formativos de grado superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administracións educativas: ou ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos; ou ter os coñecementos formativos e/ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamento nesta formación.

O prazo de inscrición pecharase o mércores 14, ás 14:00 horas. Infórmate no Concello!


Concello de Ponteceso