Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Normalización Lingüística celebrará o xoves 22 un obradoiro sobre a estimulación da linguaxe na infancia

A actividade, incluída no programa Apego, está dirixida a pais/nais con fillos/as de 0 a 8 anos. A cita será ás 18 horas na Biblioteca Municipal

Dentro do programa de actividades con Apego, o Servizo de Normalización Lingüística que dirixe Carlos Penedo Casmartiño celebrará o xoves 22 un obradoiro de estimulación da linguaxe en idades temperás titulado Fálame moito e ben. A actividade, dirixida a pais/nais de nenos/as de 0 a 8 anos, será impartida por Raquel Vello Varela, psicóloga especializada en familia do equipo Oikos (espazo de emocións, desenvolvemento e saúde).

Estimular a linguaxe e adquirir novas pautas de aprendizaxe será moito máis sinxelo para os/as participantes desta nova acción formativa na que tamén se explicará cando e como incentivar a fala dos nosos fillos e fillas ou cales son, por exemplo, as diferenzas entre linguaxe falada e a de signos. Para un maior aproveitamento do curso, os/as asistentes disporán dun servizo de atención para os/as cativos/as, a cargo dun monitor/a de tempo libre.

Agardámosvos a todos/as a partir das 18 horas na Biblioteca Municipal. A entrada é de balde!

Concello de Ponteceso