Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O departamento de Normalización Lingüística promove un encontro cultural entre alumnado do IES Eduardo Pondal e tres escritores

A cormelá Diana Varela, o neozelandés Charles Olsen e o poeta toledano Villo Argumanez visitarán o centro pontecesán para falar sobre lingua e poesía

Baixo o título “Tres poetas, tres linguas", o departamento de Normalización Lingüística, que dirixe Carlos Penedo, realizará esta semana unha interesante actividade dirixida ao alumnado do IES Eduardo Pondal na que participarán tres recoñecidos escritores, de procedencias moi diferentes pero con paixóns compartidas: a lingua e a poesía.

A cormelá Diana Varela, o neozelandés Charles Olsen e o toledano Villo Argumanez visitarán o venres 21 o centro pontecesán para protagonizar un encontro cultural cos estudantes de bacharelato co obxectivo de achegarlles a necesidade de coidar e preservar a lingua como ben de identidade cultural.

Diana Varela é natural de Corme pero afincada na Coruña. Ademais de avogada, ten colaborado no diario "Galicia Hoxe" coa sección semanal "Cartas boca arriba". No seu palmarés acumula importantes premios como Díaz Xácome (2006), o Uxío Novoneira polo seu poemario "Fíos" e o o Estornela de Teatro, entre outros recoñecementos. Ademais é autora de numerosas obras entre as que figuran "Animal abismo", "As trovas de Midas", "Arlequino Viceversa", "Fin de esta" e "Non, amor".

Villo Argumanez (Toledo). Guionista en programas de radio (RNE3 Radio Nacional de España) e colabor de fanzines e revistas literarias como "Cosas de aquí" e "Punto de encuentro". Ademais é o autor de poemarios tan coñecidos como "Binomio", "Poemas inacabados", "Amalgama" e "Arritmia".

Charles Olsen. Naceu en Nova Zelanda. Móvese libremente entre a pintura, a escritura, a fotografía e traballos audiovisuais. Seus son os poemarios "Sr Citizen" e "Antípodas". Presentou recitais de poesía en varios países e dirixe un proxecto de poesía en leña en español chamado "Palabras Prestadas".

Concello de Ponteceso