Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As familias numerosas de Ponteceso xa poden solicitar a bonificación do 90% do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Os interesados/as poderán tramitar as instancias no departamento de Servizos Sociais ata o 29 de marzo

O 2019 comeza con boas novas e interesantes beneficios fiscais para as familias numerosas residentes no noso municipio. O Concello de Ponteceso xa ten aberto o prazo de solicitude para tramitar a bonificación correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana deste ano, que ascenderá ao 90% da cota íntegra.

As persoas interesadas en beneficiarse deste importante desconto deberán figurar empadroadas no Concello de Ponteceso, estar en posesión do título de familia numerosa e ser propietarios/as do ben inmoble obxecto da axuda.

Todas as familias que cumpran os requisitos solicitados terán de prazo ata o 29 de marzo para presentar a súa instancia no departamento de Servizos Sociais que dirixe Isabel Vuelta González.

Os/as solicitantes poderán achegarse de luns a xoves ata as oficinas da Casa do Concello (881 983 223) e os venres na Oficina Municipal de Corme (981 738 428), en horario de 09:00 a 14:00 horas. Xunto coa solicitude, os beneficiarios deberán achegar a seguinte documentación:

. Fotocopia compulsada do documento acreditativo da propiedade do ben inmoble.
. Fotocopia compulsada do DNI.
. Fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.
. Volante de empadroamento.

Concello de Ponteceso