Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellería de Educación mellora o equipamento do CEIP Eduardo Pondal

Aproveitando as vacacións de Nadal instalou novas portas de acceso ao edificio e un escenario na biblioteca

Aproveitando as vacacións escolares do Nadal, a Concellería de Educación de Ponteceso decidiu poñerse mans á obra para acometer unha serie de traballos no CEIP Eduardo Pondal coa finalidade de optimizar algúns dos espazos de maior uso do centro e mellorar a calidade dos servizos.

Desta volta, e nun tempo récord, habilitouse un escenario con espazo de almacenaxe na biblioteca do colexio para uso e desfrute de toda a comunidade educativa e procedeuse á instalación de novas portas de acceso ao centro para maior comodidade de todos os usuarios/as.

O titular da área, Carlos Penedo Casmartiño, achegouse onte ata o centro para supervisar os traballos e comprobar que todo estaba a punto para o comezo das clases. Así mesmo, aproveitou a ocasión para agradecer aos traballadores a súa rapidez na execución das obras e transmitirlles os seus parabéns polo excelente resultado obtido.

Tras o remate do período de vacacións, centos de escolares regresaron hoxe ás aulas do CEIP Eduardo Pondal, onde, ademais das clases, os amigos e os profes, agardábaos o novo equipamento coma se dun agasallo dos Reis Magos se tratase. Agora toca desfrutalo!

Concello de Ponteceso