Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de inscrición para a 1ª Popular Faro Roncudo, que se celebrará o 6 de abril

A carreira, organizada pola Concellería de Deportes, ten un percorrido circular de 6,2 quilómetros entre a Praza da Ribeira de Corme e o Faro Roncudo

Nada máis abrir o prazo xa se formalizaron as primeiras inscricións para a 1ª Popular Faro Roncudo, unha carreira para maiores de 16 anos que organiza a Concellería de Deportes do Concello de Ponteceso coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e as asociacións locais Vidú e Abellariza.

A 1ª Popular Faro Roncudo celebrarase o sábado 6 de abril ás 20.00 horas. A proba ten un percorrido de 6,2 quilómetros e unha duración máxima dunha hora. Segundo explica o concelleiro de Deportes, Marco Varela, ?trátase dunha carreira popular por asfalto xa que transcorre pola estrada que vai dende a Praza da Ribeira en Corme ata o Faro Roncudo, ida e volta?.

O prazo de inscrición está aberto ata o 4 de abril ás 23.59 horas a través desta ligazón á páxina www.carreirasgalegas.com: https://carreirasgalegas.com/carreira/i-popular-faro-roncudo/b36cefe0-3f62-75e0-0f88-39ebe0b16dc4

Están establecidas seis categorías, todas elas para maiores de 16 anos e todas nas modalidades masculina e feminina:
? Carreira adaptada: handbike
? Carreira adaptada: silla de atletismo
? Sub 18 (2003, 2002)
? Sénior (2001-1985)
? V1 1984-1974 (35-45)
? V2 1973 (+=46)

A retirada de chips e dorsais realizarase nun espazo habilitado para tal fin na Praza da Ribeira a partir das 18.00 h, e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio da carreira.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada categoría, diferenciados por xénero, así como para o/a atleta local de maior idade.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso