Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto ata o 1 de maio o prazo para participar no primeiro ?Premio de Poesía Concello de Ponteceso. Eduardo Pondal?

A iniciativa está promovida polas áreas de Normalización Lingüística e Educación, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e a editorial Medulia

BASES DO PREMIOCo obxectivo de estimular a creatividade literaria e honrar a memoria do ilustre bardo Eduardo Pondal- autor do Himno Galego-, o Concello de Ponteceso, a través das concellarías de Normalización Lingüística e Educación que dirixe Carlos Penedo Casmartiño, vén de convocar, xunto coa Fundación Eduardo Pondal e a editorial Medulia, o ?Premio de Poesía Concello de Ponteceso. Eduardo Pondal?.

Trátase dun certame literario de carácter anual no que poderán participar todas as persoas que o desexen, con obras de temática libre escritas en lingua galega. Os traballos deberán ser remitidos ao apartado de correos 1320 de Medulia Editorial antes do próximo 1 de maio. O xurado, que estará composto por membros do eido literario de recoñecido prestixio, dará a coñecer ao gañador/a o 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

O/a finalista recibirá como premio 500,00 ?, un diploma e unha efixie conmemorativa de Eduardo Pondal.
Se estás interesado/a en participar, descargar as bases do certame e dálle renda solta á túa imaxinación.

Concello de Ponteceso