Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A ponte de Ponteceso ilumínase de cor verde para celebrar o Día da Árbore

A Concellaría de Medio Ambiente continúa coas plantacións de árbores, arbustos e flores en distintos puntos do concello

No seu afán por facer de Ponteceso un concello máis verde e máis comprometido cos recursos naturais, a Concellaría de Medio Ambiente está a celebrar o Día da Árbore con distintas iniciativas. Entre elas destaca a iluminación da ponte de Ponteceso, que dende a noite pasada, ademais da cor morada que lembra a loita diaria pola igualdade entre mulleres e homes, ten tamén varios arcos iluminados de cor verde.

A este xesto simbólico súmanse novas plantacións de árbores, arbustos e flores, dentro dun proxecto que nestes últimos anos, e malia os roubos e os actos vandálicos, permitiu incrementar en máis de 250 os exemplares arbóreos en todo o concello.

Hoxe mesmo realizáronse varias plantacións. En Corme encargáronse de facela o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Pose Verdes, e a concelleira de Turismo e Medios Produtivos, Susana Toja.

Concello de Ponteceso