Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As concellarías de Infraestruturas e Deportes instalan un ximnasio ao aire libre na zona do Malecón

Practicar deporte ao aire libre vai ser un pouco máis doado e agradable a partir de agora en Ponteceso, porque as concellarías de Infraestruturas e Deportes están a traballar na instalación dun ximnasio ao aire libre na zona do Malecón. O obxectivo desta actuación é facilitar ás numerosas persoas que camiñan ou corren polas beiras do Anllóns a posibilidade de practicar unha actividade física máis completa con bancos de exercicios, espaldeiras e outros elementos de uso habitual nos ximnasios, pero neste caso de madeira tratada, para que se integre perfectamente coa contorna.

Os concelleiros de Infraestruturas e Deportes, José Manuel Pose Verdes e Marco Varela, enmarcaron esta nova acción conxunta nas políticas de promoción de hábitos de vida saudables que se están intentando desenvolver aproveitando, ademais, os excepcionais recursos naturais que ofrece o noso concello.

Concello de Ponteceso