Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Centro de Formación e Recursos e o Concello de Ponteceso organizan unha charla sobre resolución de conflitos nas aulas dirixida ao profesorado e as ANPAS

A actividade, prevista para o 2 de maio no IES Eduardo Pondal, correrá a cargo do profesor e orientador Juan Vicente Abad. O prazo de inscrición está aberto

O Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, en colaboración coa Concellería de Educación que dirixe Carlos Penedo Casmartiño, organizará o vindeiro 2 de maio, ás 19:00 horas, unha conferencia no IES Eduardo Pondal de Ponteceso dirixida ao profesorado e ás ANPAS do noso municipio coa finalidade de mellorar as relacións persoais na comunidade educativa e promover un modelo inclusivo de aprendizaxe que fomente a cooperación e a convivencia entre os estudantes fronte á conflitividade.

A charla, que leva por título ?Unha metodoloxía eficaz para resolver conflitos nas aulas?, será impartida polo profesor e orientador Juan Vicente Abad.

Juan Vicente Abad desempeña a súa actividade profesional como orientador e profesor no IES Miguel Catalán de Coslada (Madrid). En 2016 foi distinguido co ?Premio ao Docente más Innovador de España? no Certame D+I. Considerado un experto en resolución de conflitos, convivencia escolar e interculturalidade, Vicente Abad é, na actualidade, un dos grandes referentes do noso país na aplicación da metodoloxía educativa coñecida como ?Aprendizaxe e Servizo Solidario? (APS). Desde hai anos, dedícase tamén a formar a membros da comunidade educativa e é autor do libro ?7 ideas clave: escuelas sostenibles en convivencia?.

Concello de Ponteceso