Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso adhírese á Rede Galega de Praias sen Fume

Este verán trataremos de erradicar o tabaco dos areais de Balarés, Niñóns, Osmo e A Ermida

O Concello de Ponteceso aposta pola promoción dos hábitos de vida saudables e do respecto polo medio ambiente tamén nas praias, e por iso vimos de adherirnos á Rede Galega de Praias sen Fume, un programa educativo promovido pola Dirección Xeral de Saúde Pública que ten como obxectivos promocionar unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico positivo de pais e nais, promover praias que respecten e coiden o medio ambiente e estender estas medidas a toda Galicia a través da rede.

Balarés, Niñóns, Osmo e A Ermida son as catro primeiras praias que integramos na Rede Galega de Praias sen Fume e das que, polo tanto, intentaremos erradicar o tabaco. A participación no programa é voluntaria por parte dos usuarios e usuarias, pero dende o Concello de Ponteceso facémosvos un convite expreso para que vos sumedes e contribuades a que todas e todos poidamos gozar de praias libres de tabaco.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso