Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os nenos e nenas que participan no Concilia no Verán visitaron o Melga

Acompañounos a concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela

Unha trintena de nenos e nenas que participan nos campamentos do programa “Concilia no Verán”, de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, visitaron as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) acompañados polas súas monitoras, Alba Santiago, María Vitureira e Claudia Periscal, e pola concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela.

A visita centrouse na primeira sala do Melga, xa que a continuación o grupo desprazouse á biblioteca do Centro Cultural para ver ao mago Pedro Bugarín en acción.

Para boa parte dos nenos e nenas foi a súa primeira visita ao museo pero estamos seguros de que non será a última.

Concello de Ponteceso