Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As familias das parroquias de Brantuas e Niñóns desfrutan xa da renovada pista polideportiva

No noso afán por achegar os servizos a todos os recunchos do concello vimos de renovar a pista polideportiva de Brantuas e Niñóns, atendendo así as demandas da veciñanza das dúas parroquias. O alcalde, Lois García Carballido; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel González; a concelleira de Deporte, Raquel Fondo, e o concelleiro de Mobilidade, Faustino Santiago, puideron comprobar non só o ben que quedou a instalación, senón as gañas que tiñan as familias da zona de estreala.

A pista polideportiva, que nunca fora pintada, está agora perfectamente sinalizada para a práctica do tenis e do fútbol sala, xa que ademais de pintala instalamos novas porterías.

Concello de Ponteceso