A asociación Eventos de Ponteceso é a encargada da organización das festas patronais, que se celebrarán do 13 ao 17 deste mes
A volta ao traballo, a volta ao cole, a volta á rutina e a volta ás festas! En Ponteceso, o mes de setembro soa a diversión, a música, a tradición, a xogos e a gastronomía porque, como cada ano por estas datas, o noso municipio prepárase para acoller a celebración das tradicionais
Festas da Barquiña, que se celebrarán do venres 13 ao martes 17.
Música tradicional, orquestras, DJ?s, rutas gastronómicas, actividades infantís e xogos tradicionais conforman a programación festiva elaborada pola asociación Eventos de Ponteceso, coa colaboración do Concello e a participación do Museo Etnolúdico de Galicia e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes, que un ano máis achegaranos algúns dos pratos fortes desta edición como o V Campionato de Tirabalas ou a VI Ruta de Bicicletas Clásicas, dous eventos con gran sona e arraigo, nos que tamén colabora o Concello de Ponteceso, a Deputación da Coruña e varias empresas locais co obxectivo de promover a realización de actividades lúdicas e deportivas de carácter tradicional que contribúan a enriquecer a cultura popular e manter vivos os nosos costumes.
Venres 13E para comezar con bo sabor de boca, este venres celebrarase na Praza do Relleno unha
churrascada veciñal (5?) na que no faltarán as actuacións musicais para amenizar unha velada que promete ser tan divertida como saborosa.
Sábado 14O sábado 14, a música volverá a ser unha das protagonistas da xornada da mañá á noite. A
charanga Santiaguiño será a encargada de animar as rúas da localidade durante a celebración da
V Ruta dos Pinchos ?PonteaPinchar?, que dará comezo ás 12:30 horas coa participación dos establecementos de hostalería para poñer en valor o mellor da nosa gastronomía en forma de exquisitos petiscos que mesturarán sabor e creatividade.
Actividades lúdicas co Melga Xa pola tarde, chegará unha das citas máis agardadas polo público de todas as idades, o
Campionato de Tirabalas, organizado polos Melga e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes, que este ano acadará a súa quinta edición. A partir das 18:00 horas, a Praza do Relleno converterase, por primeira vez, no escenario elixido para a realización deste divertidísimo xogo tradicional, no que tan só poderán participar tiradores con idades comprendidas entre 1 e 100 anos. A inscrición, que será de balde, deberá realizarse antes do venres 13 ou unha hora antes da proba. Cada xogador deberá elaborar o seu propio tirabalas e, de non poder, a organización disporá dun servizo de préstamo para que ninguén quede sen probar sorte. Haberá seis categorías, distribuídas por idades, e para gañar será necesario derrubar 5 latas en orde consecutiva, con tres posibilidades en cada unha. Nesta edición, como novidade, os/as gañadores recibirán premios en metálico que irán dos 20 aos 150 ? e produtos da terra como agasallo. Ata o de agora, esta proba conta cun único vencedor absoluto, o tetracampión Carlos Andrade Castro, que ostenta o récord con 34 puntos acadados. Atrevédesvos a quitarlle o podio?
Outra das citas que tamén chegará da man do noso Melga será a
VI Ruta de Bicicletas Clásicas, que arrincará o domingo 15, ás 12.30 horas, do Centro Cultural tras a celebración da
IX Ponteclásico. Unha bici antiga e roupa de época serán suficientes para formar parte desta singular expedición que percorrerá as rúas da localidade para rematar á beira do río Anllóns degustando un xantar popular. Para participar en ambas actividades bastará con anotarse no Melga Centro Cultural (981 715 442) ou enviando un mail a ricardoperezyverdes@gmail.com.
A xornada de sábado rematará cunha gran verbena a cargo do
grupo Bomba. A continuación, a
Discoteca Móbil Impacto e os
dj?s locais Grobás, Adrián e Nando ofrecerán un espectáculo musical con moito ritmo.
Domingo 15O domingo 15, os/as amantes dos coches e as motos clásicas estarán de parabéns porque desde primeira hora da mañá terán ocasión de ver auténticas ?xoias? do pasado sobre o asfalto durante a celebración do
IX Ponteclásico, que rematará ao mediodía cunha concentración na Praza do Relleno á que tamén se sumarán as bicicletas máis antigas da contorna. A agrupación Inllar ofrecerá unha actuación de música tradicional antes da sesión vermú, coa que tamén animará as rúas do municipio os días 15, 16 e 17. A continuación, a
orquestra Samba subirá ao escenario cun repertorio do máis movido que continuará, xa pola noite, durante a verbena. A partir das 17:30 horas, haberá
xogos no río con actividades para toda a familia: festa da espuma, kayak, paddle surf, bolas de auga...
Día do NenoOs pequenos/as da casa serán os protagonistas da xornada do
luns 16 coa celebración do Día do Neno, que arrincará ás 17:30 horas con
actividades e xogos infantís na Praza do Relleno.
Na recta final das Festas da Barquiña as actuacións musicais seguirán marcando o compás con espectáculos en directo. O luns, despois da misa cantada pola
Coral Polifónica Santa Mariña de Ponteceso, haberá sesión vermú coa
orquestra Xacobeo, que tamén actuará na verbena xunto ao
Combo Dominicano. Ás 01:00 horas, o ceo do noso concello volverá, tras oito anos sen facelo, a encherse de luz e cor cunha incrible
sesión de fogos artificiais que vos deixará coa boca aberta.
Martes 17E o martes 17, o broche de ouro a cinco días intensos de celebracións porao o
Dúo D?Festa cunha sesión ?supervermú?, que terá lugar ao remate da misa de unha para deixararvos co ritmo pegado ao corpo ata o ano que vén.