O alcalde asegura que se acometerán as obras e as melloras tecnolóxicas necesarias para garantir a calidade do abastecemento
O Concello de Ponteceso continuará coa distribución de auga embotellada en Corme Porto á espera de que os esforzos que se están a facer, de maneira coordinada, tanto dende a administración local coma dende a autonómica permitan restablecer o subministro coas debidas garantías de seguridade para os seus usuarios e usuarias. ?O Concello e a Xunta estamos colaborando de forma sincera, honesta e intensa para resolver o problema. Pedimos calma á poboación e que siga os consellos que se distribuíron a semana pasada?, sinalou o alcalde.
Lois García Carballido destacou que o Concello de Ponteceso porá todos os medios ao seu alcance para resolver non só a contaminación da auga, ?senón que imos facer todas as obras, intervencións e melloras tecnolóxicas necesarias para que a auga de Corme sexa a mellor auga que exista, e non imos escatimar en medios nin en esforzos?. O alcalde insistiu na necesidade de manter a calma e tamén a confianza na administracións local, que traballa para garantir a potabilidade da auga, e na autonómica, que xestiona o problema de saúde.
Descargas asociadas