Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

INFORME DA CONCESIONARIA DO SERVIZO DE AUGA SOBRE A NON CONFORMIDADE NO SUBMINISTRO E INFORME TÉCNICO MUNICIPAL

O Concello ordeou de xeito preventivo hoxe martes cortar a auga, dende fóra, á tubería de auga da caseta da Ribeira, que está exactamente igual que a encontrou o Goberno tripartito de 2015 despois da obra que fixo Augas de Galicia e recepcionou o alcalde do PP, José Luis Fondo.

Isto non determina a priori que sexa a causa do problema da auga, pero cómpre actuar por prudencia.

Tamén as analíticas da concesionaria, da empresa que colliu o Concello o pasado luns, e sobre todo de Sanidade, van demostrar se a concesionaria resolviu xa os problemas que Sanidade detectou, lonxe da Ribeira, como nos depósito do Osmo ou o centro médico.

A empresa auditora, que aconsella contratar o informe do técnico municipal para esclarecer os feitos, empezará mañá os seus traballos.

O Concello está traballando xa nun importante e histórico investimento en abastecemento, saneamento e separativa de pluviais.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso