Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de inscrición para participar nun curso de formación para coidadores/as de persoas con alzheimer

A actividade, organizada por Afaber coa colaboración do Concello, desenvolverase os días 28 e 29 de outubro na Biblioteca Municipal

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de formación para coidadores de persoas con alzheimer e outras demencias, organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso, Fagal e a Xunta.

A actividade desenvolverase os días 28 e 29 de outubro na Biblioteca Municipal de Ponteceso en horario de 10:30 a 12:30. As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao departamento de Servizos Sociais (981 714 000) ou poñéndose en contacto con Afaber nos teléfonos 981 758 545 e 625 980 691.

Esta nova acción formativa pretende proporcionar a coidadores/as e familiares a formación precisa para o correcto desempeño das súas funcións, ademais de recursos para prestar os coidados necesarios sen comprometer a súa saúde.

Concello de Ponteceso