Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A reapertura do campo de fútbol do Pinguel tras as obras de reforma convértese nunha festa do deporte e a solidariedade

O trío arbitral, as agrupacións musicais e varios establecementos comerciais colaboran desinteresadamente na celebración

Xa está todo a punto para a reapertura do campo de fútbol do Pinguel despois das obras de reforma realizadas, nas que vimos de investir máis de 400.000 euros. O acto de inauguración, previsto para mañá sábado, converterase nunha auténtica festa do deporte pero tamén da solidariedade.

A nivel deportivo asistiremos a un partido único, que enfrontará ás ?Vellas glorias? do Puenteceso SD cos Veteranos do Deportivo da Coruña a partir das 12.00 horas. Pero a festa prolongarase durante toda a mañá. Aquí tedes o programa completo:

 10:00 h Apertura do campo
 10:45 h Recepción dos equipos
 11:00 h Despacho de entradas
 11:15 h Quecemento dos equipos
 11:45 h Presentación con spiker
 11:50 h Volta dos equipos aos vestiarios
 12:00 h Saen xogadores cos nenos pola man ao corredor que faia banda de gaitas Inllar.
? Soa o himno Galego
? Saúdanse os xogadores
? Saque de honra con Isabel Blanco
? Sorteo de campos
 12:15 h Comezo do partido
 13:00 h Descanso. 20 minutos de partido prebenxamíns Ponteceso SD ? Concello de Zas
 13:20 h Comezo da 2ª parte
 14:10 h Remata o partido. Fotos de despedida
 15:00 h Balarés

As entradas custarán 3?, que dirán destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro. Cada espectador recibirá un pano conmemorativo como recordo deste histórico día. E os xogadores do Puenteceso SD lucirán unha camiseta conmemorativa, deseñada especialmente para a ocasión, cun lazo de cor rosa no peito e o lema ?Non te rindas? nas costas.

A concelleira de Deporte, Raquel Fondo, destaca a boa acollida que está a ter a iniciativa e a colaboración desinteresada de persoas, entidades e empresas. Neste sentido apuntou que o trío arbitral integrado por Edgar Soto Eiroa, Marcos Ordóñez e Pablo Rama xa ingresou na conta bancaria da Asociación Española contra o Cancro a cantidade que ía percibir polo seu traballo. A Banda de Gaitas Inllar, a artista local Clara Amado e o grupo de música My Way tamén actuarán de maneira altruísta, e ademais contamos coa colaboración do supermercado Eroski, que doa as augas, e de Frutas Fondo, que achega cestas de froita para os xogadores.

A ocasión merece o apoio de todas e todos. Non faltedes!

Concello de Ponteceso