Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Biblioteca e Patrimonio pon en valor o patrimonio local a través dun concurso de fotografía aberto á participación de toda a veciñanza

? As persoas interesadas en participar deberán entregar a súa foto no Concello de Ponteceso antes do 1 de abril
? A entrega de premios terá lugar o venres 3, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal

Se che gusta a fotografía e es un/ha namorado/a do patrimonio cultural, paisaxístico e arquitectónico que inunda cada recuncho do noso municipio, estás de parabén porque a partir de agora vas poder dar renda solta a estas dúas paixóns grazas ao Concurso de Fotografía do Patrimonio Concello de Ponteceso, unha novidosa e atractiva iniciativa promovida pola Concellería de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio coa finalidade, por unha banda, de difundir e poñer en valor elementos característicos da nosa historia, da nosa contorna ou dos nosos costumes, e, pola outra, recoñecer e premiar o talento, moitas veces oculto, dos/as participantes.

Poderán formar parte desta singular actividade todas as persoas que o desexen, con independencia da súa idade, xa que se trata dunha acción que persegue a implicación e o compromiso de toda a cidadanía no fomento e promoción do noso patrimonio histórico-artístico ao tempo que posibilita a realización dunha actividade ao aire libre e en contacto directo coa natureza. Para concursar só é preciso dispoñer dunha cámara e moitas ganas de perderse fotografando aqueles elementos da paisaxe máis característicos, tradicionais e/ou singulares.

O prazo para entregar as imaxes nas oficinas municipais de Ponteceso rematará o 1 de abril.

Tras unha detallada selección dos traballos, a Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá o venres 3, ás 18.30 horas, o acto de entrega de premios aos tres primeiros/as finalistas do concurso, que percibirán 150?, 100? e 50?, respectivamente, para gastar no comercio local. As fotografías gañadoras serán expostas no Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) para desfrute de todos os visitantes. O acto rematará coa actuación do grupo infantil AJA.
A concelleira de Patrimonio, Maite Chouciño, convida a toda a veciñanza a participar neste singular concurso para ?descubrir o inmenso patrimonio que nos rodea e tomar conciencia do seu valor e da necesidade da súa conservación?.

Anímaste? Pois colle a cámara e participa!

Concello de Ponteceso