Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os “Paxariños” de Trinke Trinke visitaron a Biblioteca Municipal de Ponteceso


A Biblioteca Municipal de Ponteceso recibiu a visita dos “ratiños”, personaxes entrañables da compañía Trinke Trinke, para fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos e pequenas do Concello de Ponteceso.
Ante o público máis esixente, os nenos e nenas, “Os Paxariños” foron quen de marabillalos o a través do teatro e dunha chea momentos e historias que encheron de diversión e curiosidade a Biblioteca de Ponteceso na tarde de hoxe xoves, 13 de abril.
A actividade tivo unha gran acollida por parte dos veciños e veciñas da nosa localidade. A próxima visita dos ratiños será o xoves día 20 de abril, ás 18.30 horas e representarán a obra “Invento para chegar ao ceo”.

Concello de Ponteceso