Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso colabora co IES Eduardo Pondal de Ponteceso na Semana Cultural : efectivos do GES amosaron aos estudantes do IES Eduardo Pondal os riscos ao conducir cunha práctica de salvamento de accidentes

O Concello de Ponteceso colabora co IES Eduardo Pondal de Ponteceso na Semana
Cultural. Efectivos do GES amosaron aos estudantes do IES Eduardo Pondal os riscos ao conducir cunha práctica de salvamento de accidentes, cunha prática de liberación de persoas atrapadas nun vehículo, para alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Ponteceso.
O exercicio consistiu nunha simulación dun accidente de tráfico con dúas persoas atrapadas polas extremidades inferiores. Para poder evacuar as vítimas procedeuse a retirada do teito do vehículo e abatendo o cadro de mandos. Dous alumnos do centro implicáronse participando no exercicio.
O obxectivo desta práctica era que os alumnos e alumnas tomen conciencia dos perigos que con leva o exceso de velocidade, o consumo de alcohol, drogas ou a distracción do uso de dispositivos móbiles mentres se conduce e as súas graves consecuencias.

Concello de Ponteceso