O Concello organizará unha cabalgata por todas as parroquias do Concello o domingo 4 de xaneiro. O luns 5 de xaneiro ás catro e media da tarde no pavillón municipal en Ponteceso, terá lugar a festa de reis con inchables e xogos para os rapaces. Tamén se ofrecerá unha degustación de roscón de reis con chocolate.