As persoas interesadas en obter a licenza para realizar unha obra maior teñen que achegar ata o rexistro municipal esta solicitude, o DNI e un proxecto técnico que estea visado polo colexio correspondente.
As persoas interesadas en obter a licenza para realizar unha obra menor teñen que achegar ao rexistro municipal esta solicitude e o DNI. Defínense como obras menores as que non precisan proxecto técnico, as que non supoñen un aumento do volume nin afecten á estrutura do inmoble.
Licenza para realización de festas populares (120 KB)
As persoas interesadas en obter a licenza para celebrar festas populares deberán achegar ata o rexistro municipal esta solicitude, o DNI, unha copia do contrato dos grupos musicais ou das orquestras que vaian actuar, os TC de pagamento á Seguridade Social e tres carteis que anuncien a festa e xustificante de pago á SGAE.
Licenza para apertura de actividades molestas (120 KB)
Modelo de instancia para obter a licenza para abrir ao público unha actividade que estea catalogada no nomenclátor como molesta: bares, talleres mecánicos... As persoas interesadas teñen que presentar os datos do titular, ben sexa unha persoa física ou xurídica (se é unha sociedade), xunto con tres proxectos técnicos que estean visados polo colexio correspondente.
Licenza para abir ó público unha actividade inocua (84,0 KB)
Modelo de solicitude de licenza para abrir ao público unha actividade inocua; unha perruquería, unha peixaría, unha oficina, unha sucursal bancaria, etc.
Modelo para solicitar o cambio de titular da licenza para abrir ao público un establecemento. Se a actividade é inocua tan só precisa cubrir a solicitude na que consten os datos do que transmite e do que recibe a licenza.