Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Servizo Nomalización Lingüística :: Novas

Os servizos de normalización lingüística das comarcas de Bergantiños e da
Terra de Soneira organizarán de maneira conxunta os cursos de preparación
para as probas dos Celga
Logo de organizaren de maneira conxunta o IV Encontro de normalización lingüística desde as
administracións locais da Coruña e a distribución das cartas para os Reis Magos (en
colaboración coa Deputación Provincial da Coruña), os servizos de normalización lingüística
dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas
organizarán de maneira conxunta os cursos de preparación para as probas dos Celga durante
o ano 2011.
Os cursos que pretenden realizar son os seguintes:
Celga 2 - Carballo
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 17.30 h a 19.30 h
Lugar Pazo da Cultura de Carballo
Celga 3 - Cabana de Bergantiños
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario -
Lugar -
Celga 3 - Malpica de Bergantiños
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 19.00 h a 21.00 h
Lugar Centro Cívico de Malpica
Celga 4 - Carballo
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 19.30 h a 21.30 h
Lugar Pazo da Cultura de Carballo
Celga 4 - Ponteceso
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 20.00 h a 22.00 h
Lugar Casa do Concello de Ponteceso
Celga 4 - Zas
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 20.30 h a 22.30 h
Lugar -
Inscrición
Prazo Do 1 ao 23 de febreiro de 2011
Lugar Servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos de Cabana
de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso ou Zas
Documentación para
entregar
Ficha de inscrición debidamente cuberta
Prezo dos cursos Gratuíto
Número de prazas Para o seu desenvolvemento, os cursos deberán contar cun mínimo de
20 persoas e cun máximo de 30
Admisión -Para a admisión no curso respectarase a orde de inscrición
-O día 21 de marzo os SNL publicarán as listaxes definitivas de persoas
admitidas
A realización dos curso está condicionada á concesión da organización por parte da Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Os cursos son gratuítos e debe haber un mínimo de 20 persoas anotadas para que se pode
solicitar.
Ademais dos cursos de preparación para as probas de Celga, o Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Carballo organizará un Obradoiro de integración cultural e
lingüística:
Obradoiro de integración lingüística - Carballo
Comezo 28 de febreiro
Remate 6 de abril
Días Luns, mércores e xoves
Horario De 20.00 h a 22.00 h
Lugar Pazo da Cultura de Carballo
Os prazos e as formas de inscrición son as mesmas que para os cursos de preparación para
as probas dos Celga.
Máis información e inscrición, nos servizos de normalización lingüística (SNL) dos
concellos
Concello Servizo de Normalización Lingüística (SNL)
Cabana de Bergantiños A Carballa s/n. 15115. Cabana de Bergantiños
981 754 020
www.concello-cabana.es
Carballo Pazo da Cultura. Rúa do Pan s/n. 15100. Carballo
981 704 304
www.carballo.org
Malpica de Bergantiños Rúa de Emilio González 1. 15113. Malpica de Bergantiños
981 720 318
www.concellomalpica.com
Ponteceso Rúa Concello 18. 15110. Ponteceso
981 714 000
www.ponteceso.net
Zas Praza do Campo 1, 1.º. 15850. Zas
981 708 303
www.concellodezas.org

Concello de Ponteceso