Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Cursos e actividades

Curso de youtuber

Curso de youtuber
Do 25 o 28 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de youtuber que organiza a Área de Cultura para mozos e mozas de 14 a 30 anos que queiran aprender a crear e xestionar a súa propia canle de YouTube e mesmo a convertela nun negocio.

O taller celebrarase os sábados, de 10.30 a 13.30 horas, no Edificio das Escolas. Comezará o 6 de abril e prolongarase ata o 11 de maio.

Os/as participantes deben levar ordenador portátil e teléfono móbil.

Concello de Ponteceso