
O gran número de parroquias co que conta o Concello, así mesmo dividido en entidades de poboación a meirande parte delas, convértenos nun Concello no que, durante a época estival, é moi difícil que transcorra unha semana sen haber un evento festivo no Concello.
Temos
festas gastronómicas, como a Festa do Percebe en Corme, a Feira das Fabas en Ponteceso ou a Festa do Raxo no Faro de Brantuas.
Temos romarías, como a Romaría da Virxe do Faro ou a da Virxe da Estrela en Corme-Aldea.
Temos festivais xa consolidados como a Noite dos Encantos na Furna, que recolle músicas distintas nun lugar emblemático como a furna do Osmo, ou o Rock Anllóns.
Temos festas literarias e culturais, como a Festa das Letras, organizada pola A.C Monte Branco do Couto.
Por suposto non debemos esquencer as
festas relixiosas, posto que son as máis numeroas e, en practicamente todas as parroquias, podemos atopar a súa.