Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

Obradoiro de English Christsmas

28 e 29 de decembro

Obradoiro de inglésObradoiro de inglés para nenos de entre 6 e 10 anos que se levará a cabo na Aula Municipal de Informática de Ponteceso o 28 e 29 de decembro e na Aula Municipal de Informática de Corme o 4 e 5 de xaneiro. Os prazos de inscrición xa están abertos e rematarán para Ponteceso o 24 de nadal e para Corme o 30 de nadal.

Contacto

Cabalgata de reis 2010

5 de xaneiro

Sairá ao redor das 19:00h da escola de Tella cara a Praza do Relleno, onde as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, recollerán as vosas cartas. Acto será organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso.

Comezo de cursos de informática

1 de febreiro

Na semana do 1 de febreiro darán comezo os seguintes cursos da escola municipal de informática:
Curso de internet
Curso de software libre
Curso de ofimática.

Charla para pensionistas

8 de febreiro

O Concello de Ponteceso informa que o vindeiro luns 8 de febreiro, ás 11 e media da mañá, haberá, no salón de plenos, unha charla sobre a revalorización das pensións da Seguridade Social: xubilación, invalidez, etc.

Antroido 2010

14 de febreiro

Dende as catro ás nove da noite na Praza do Relleno en Ponteceso, poderás disfrutar de: obradoiros de maquillaxe, actuacións e desfiles no palco, degustación de orellas e roscos, xogos populares, etc. E por se o tempo falla, haberá unha gran carpa. Inscríbete na O.M.I.X ou no Concello ata o 11 de febreiro. Haberá axudas e regalos para os que participedes.

Baile de disfraces

16 de febreiro

Baile de disfraces en Corme. No pavillón municipal ás 17.00h.Haberá hinchables, xogos populares e musicais, orellas e chocolate. Acudide disfrazados.

Contacto


Descargas asociadas

Tramitación do dnie

17, 18 e 19 de febreiro

Membros da Policía Nacional desprazaranse ao Concello de Ponteceso para levar a cabo a renovación e obtención do dni. Pero, a partir de agora, só se expedirá o dni electrónico, igual que nas oficinas de tramitación xerais. Poden pedir vez para o 17 de febreiro de 2010.
Pida vez no 981 714000. Oficinas xerais do Concello.
Tamén na Oficina Municipal en Corme. 981 738 428.

Curso de informática didáctica. Ponteceso

1 de marzo

Curso de informática didáctica. Ponteceso.Comezo do curso de informática didáctica que se celebrará na aula municipal en Ponteceso.

Descargas asociadas

Comezo do curso de inglés

6 de marzo

InglésComezo do curso de inglés que se celebrará na O.M.I.X en Ponteceso.

Descargas asociadas

Día da muller traballadora

8 de marzo

Muller traballadoraDende as 10.00h ás 14.00h, dúas voluntarias estarán na praza do Relleno en Ponteceso, repartindo chocolate quente a todos os que se acheguen a deixar a pegada ou a escribir unha frase nos murais que colocaremos, e repartirémoslles, só ás mulleres, unha presa de caramelos como recxoñecemento ao seu traballo. Tamén expoñeremos algunhas fotografías (en papel de color) de mulleres traballadoras do noso concello.

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso